The Open Directory Project.

Directory of Cualedro Resources

Home > World > Galego > Rexional > Galicia > Ourense > Concellos > Cualedro

Cualedro é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Verín. Está integrado na comarca de Verín-Monterrei e pertence ao Partido Xudicial de Verín e á diocese de Ourense. Abarca unha superficie de 117,5 km². A capital é a vila de Cualedro, na parroquia homónima, sita a 840 m sobre o nivel do mar. O termo municipal de Cualedro, segundo o nomenclátor de 1996, ten un total de vinte entidades singulares de poboación agrupadas en dez parroquias, sendo practicamente inexistentes os asentamentos dispersos. Limita ao norte con Laza e Sarreaus, ao leste con Laza e Monterrei, ao oeste con Baltar, Xinzo de Limia, Trasmiras e Sarreaus, ao sur con Montalegre, en Portugal. As vías de comunicación máis importantes coa cidade son a autovía A-52 e a estrada N-525, que teñen accesos á capital do municipio nos lugares de Lamas e As Estibadas, respectivamente.

Resources in This Category

 

Home > World > Galego > Rexional > Galicia > Ourense > Concellos > Cualedro

 


 

Thanks to DMOZ, which built a great web directory for nearly two decades and freely shared it with the web. About us