Home > World > Galego > Rexional > Galicia > A Coruña > Concellos > A Baña
Concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala. O concello, de 98,2 km², limita cos concellos de Ames, Negreira, Val do Dubra e Santa Comba. Está situado a uns 25 km ao oeste de Santiago de Compostela. Situado no fermoso Val de Barcala, que o Concello da Baña forma conxuntamente co de Negreira, O relevo está determinado polos tres vales que baixan dende as terras de Xallas cara ao río Tambre: os dos ríos Barcala, que discorre case na súa totalidade por terras do municipio até desembocar en Negreira no río Tambre; o río Albariña (ou Baña), que desemboca no propio Barcala; e o do río Portalaxe, que desemboca no Tambre. O concello ten un clima oceánico, morno e húmido, cuns 2.000 mm anuais de precipitacións. As temperaturas son moderadas, con 7,2 °C de media en xaneiro, e 17,9 °C en xullo.
http://bancodotempoconcelloabana.blogspot.com.es/
Establecido coa finalidade de facilitarlles ás persoas do municipio a conciliación da súa vida, persoal, familiar e laboral.
http://www.concellodabana.es/
Páxina oficial do municipio. Datos da situación xeográfica, parroquias e turismo, corporación municipal, servizos de atención ó cidadán e tecido empresarial.
http://psoeabana.blogspot.com.es/
Representación da formación política no Concello. Calendario de plenos, actas de sesión e novidades.
Home > World > Galego > Rexional > Galicia > A Coruña > Concellos > A Baña
Thanks to DMOZ, which built a great web directory for nearly two decades and freely shared it with the web. About us